As xornadas celebraránse o 29 de setembro no MUPEGA, Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro, nº 107), en Santiago de Compostela. Participarán empresas que contan con ferramentas dirixidas ao terceiro sector e orientadas á accesibilidade. Asistencia libre e gratuita, recoméndase inscrición en na páxina web de AGASOL.
Programa:
9:15-9:30 Recollida de acreditacións
9:30-9:45 Presentación institucional. Secretaria Xeral, Dna. Mar Pereira Álvarez.
9:45-10:30 “¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas”. Ponente: Xavier Castaño (Igalia)
10:30-11:15 “Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital”. Ponente: Carlos Rodríguez (Tegnix)
11:15-11:40 Pausa-café
11:40-12:30 “Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional” Ponente: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia).
12:30-13:30 MESA REDONDA E PRESENTACIÓN DE NOVA PLATAFORMA DE TRABALLO